Modifica calquera cousa. Sempre podes deixalo como estaba con Control-Z ou o botón desfacer. Activa ou desactiva a barra de ferramentas co botón Ferramentas da barra menú. Se deixas a frecha do rato sobre calquera delas sairá como se usa e para que serve. Se mantés pulsado o botón dereito do rato sobre o fondo e moves o rato moverá a vista. Se só é un click sairá un cadro onde podes mover a vista, afastar ou achegar a vista, axustar automaticamente a vista para que se vexan todos os obxectos, poñer a vista como estaba ao principio, importar un phunlet (un phunlet é un obxecto que alguén gardou e podes poñelo na túa escena con esta opción), e tamén configurar a cor do fondo. Podes seleccionar obxectos con clicks do rato ou varios obxectos redondeándoos coa ferramenta de polígono ou a de arrastrar.Podes clonar un obxecto mantendo pulsado Control e arrastrándoo, este se clonará. Podes rotalos, pulsando sobre eles o botón dereito do rato e movendo o mesmo .Se mentres o rotas mantés pulsado shift xira en intervalos de 15º. Podes borrar obxectos facendo unha liña coa ferramenta pincel ou seleccionando Borrar. A facer click co botón dereito do rato sobre un obxecto ou un grupo abrirase o menú de opcións onde se pode borrar, cambiar a cor, propiedades físicas e mais cosas. Ao facelo sobre a auga pódese eliminar ou cambiarlle a cor. Para poñer eixes que funcionen como un motor se configura no menú do eixe. Tamén pódese facer que o motor sexa controlado co teclado.Para iso hai que desactivar a opción Modo simple das opcións de Phun. O modo simple oculta opcións avanzadas. Botóns de acceso rápido: B - Polígonos D - Arrastrar P - Plano C - Circulo X - Rectángulo N - Cadea S - Resorte F - Fixación H - Eixe Ctrl-Z - Desfacer Ctrl-e - Refacer Supr - Borrar obxectos seleccionados espazo - Iniciar/Deter simulación.
Last modified January 8, 2009 12:20 pm
|